- QUE? ( As materias dos nen@s dende o ano 1906 ) Non dende sempre os nenos e nenas tiveron a marabillosa e magnífica oportunidade de poder traballar con ordenadores ou poder estudar todos os cursos que querían, xa que moitos deles non tiñan diñeiro suficiente e outros moitos tiñan que traballar cos animais na casa ou fóra. Vamos expoñer como cambiaron as materias que tiñan antes estes nenos e as que temos nós agora no colexio :
- Anos ( 1906-1931 ): Nestes anos no colexio todos os nenos e nenas tiñan unhas materias comúns que eran as seguintes: Nocións básicas de escrituta e lectura, Matemáticas, Xeografía, Historia, Ciencias Naturais, Debuxo e Relixión. (que era unha materia obrigatoria) Estas eran as materias comúns para todos pero despois os nenos aprendían por unha parte exercicios militares sinxelos e nocións de agricultura e gandaría. Mentres que as rapazas apredían materias sore economía doméstica e manualidades.
- Anos: ( 1931-1936 ): Nestes anos as materias eran as seguintes: Ciencias Naturais e Sociais, Matemáticas, Debuxo, Música, Lingua e Literatura Castelá e Relixión ( coa diferenza de que esta última xa non era unha materia obrigatoria ).
- Anos: ( 1936-1978) : Durante o franquismo as materias escolares cambiaron: A Relixión era totalmente obrigatoria para todos os alumnos e profesores. Impartíanse clases de Xeografia e Historia como tamén de Matemáticas, Lingua e Literatura castelá, Debuxo e Pintura, Música, Ed. Física e Filosofía e Física e química ( estas últimas impartíanse en cursos máis avanzados).
- Anos: ( 1978-2011): Coa chegada da democracia e da constitución no ano 1978, introducíronse novas materias e novos e cambios. Coas novas tecnoloxías introduciuse a infromática como unha materia innovadora. A relixión converteuse nunha materia NON obrigatoria e a xente tiña total dereito e liberdade para escollela. Outras materias novas e antigas foron: Literatura Galega e Castelá, Matemáticas, Física e Química, Latín, Ética, Ed. Física, Debuxo Artístico, Múscia e introduciuse o Inglés como lingua extranxeira.
- Ano 2011 : As materias actuais, son case as mesmas cás que se estableceron cando se aprobou a constitución pero o único que cambia son : Francés como segunda lingua extranxeira, a aparición de Bioloxía ( xa que antes había ciencias naturais e fisica e quimica separadas e xuntas), a Tecnoloxía e moitas materias optativas que podes escoller. Como se pode observar, os tempos cambiaron moito e con eles as materias dos vellos tempos ata os novos. E dentro dalgúns anos cambiarán para ir obtendo cada vez novas materias que aprender e descubrir. Grazas.
7 de mayo de 2011
As MaTerias dEnDE o Ano 1906
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
1 comentario:
o das escolas privadas laicas ç see queres xa o fago eu que encontrei na casa cousas do peleteiro
Publicar un comentario