EscOLAS INdIAnAS:
No primeiro terzo do século XX, aqueles galegos que emigraban "Ás Indias" (América) decidiron xuntar as súas forzas e cartos en sociedades de instrución, para contruír as chamadas escolas de indianos.
Eran construídas co fin de que os nenos e nenas labregas puidesen escapar do analfabetismo, e que os fillos dos seus parentes e veciños puidesen prepararse para o futuro. Vían na educación o mellor investimento para o progreso.
A maioría destas escolas eran consideradas de influencia republicana xa que moitas delas incluían nos seus programas a laicización da educación e a renovación do sistema educativo mediante prácticas que estimulasen a aprendizaxe do alumnado.
- O profesorado era elixido mediante oposición e requerían requisitos de índole política.
- Os valores que promovían eran a formación académica, tanto de nenos coma de nenas.
- A maioría destas escolas seguían un mesmo patrón: unha aula para os nenos cun mestre; unha aula para as nenas cunha mestra e unha casa para o mestre que a miúdo era o director. Todas contaban cun laboratorio e unha granxa agrícola para unha aprendizaxe máis práctica e directa.
- Nalgunhas escolas incluían materias propias como xeografía e historia de América.
- Tiñan actividades excursionistas.
- Tiñan unha tendencia liberal e simbolizaban o intento de avance. América era relacionada coa mellora e o progreso.
- Alguhas tiñan comedores gratuítos.
- Eran construídas cun peculiar estilo arquitectónico que as caracterizaba e cun rico mobiliario.
No hay comentarios:
Publicar un comentario