30 de mayo de 2011

SEGUNDA PARTE DA ENTREVISTA A MANUEL PARGA (o noso conserxe)

· 7. Cantas horas ía ao día? Íase dende as dez ata a unha e logo, pola tarde, dende as tres ata as cinco. · 8. Cales eran as medidas disciplinarias exercidas como sanción? Eran moitas e moi duras, pero en xeral poñíannos de xeonllos con libros nos brazos. Tamén nos pegaban, e bastante. · 9. Tiña que vestir dalgunha maneira específica? Non, iso era só nos colexios privados. Cada un ía á escola vestido como podía. ·10. Tiñan servizo de comedor? Non había nada do que hai agora. ·11. Había servizo de préstamo de libros? Non. Só había que mercar un libro que tiña todas as materias, e de cando en vez pasaba duns irmáns a outros. ·12. Realizábanse excursións?

Se fora polo mestre, non. Normalmente as excursións organizábaas o cura, á praia ou a onde lle cadrara,

27 de mayo de 2011

Literatura da escola

ENtreVista A Xosé BlaNcO e XeSUSa MíGuEZ ( Os meUS AvóS)

A escola de antes era moi diferente da de agora. Sobretodo, dende o punto de vista dunha nena e dun neno (xa que antes a sociedade era moi machista). Por exemplo: en moitas ocasións as nenas tiñan que quedar na casa e non poder ir ó colexio porque tiñan que limpar a casa ou coidar dos animais e os nenos tiñan que facer iso tamén, pero se querían ir ó colexio podían deixarlle ese traballo ás irmás ou non facelo ata que chegaran da escola.
  1. Entrevistas :
  • Punto de vista masculino (Xosé Blanco): Antes acudir á escola era bastante difícil para moitos rapaces e rapazas. Pero en especial para as nenas. Na época de meu avó os rapaces recibían leccións básicas de instrución militar !nas escolas! Logo tamén lles ensinaban a ler, escribir e algunhas tarefas relacionadas co traballo agrícola.

O máis importante era que aprenderan a ler e escribir xa que o demais, non " importaba " moito.

  • Punto de vista feminino (Xesusa Míguez) : As nenas eran as que tiñan unha situación máis difícil xa que non se lles daba moita importancia e anque non aprenderan a ler nin escribir moi ben "era igual ". Que machismo.... . A elas, á parte das materias que tiñan todos en común (nenos e nenas) aprendíanlles a coser, a limpar e como tiñan que facer para ser unhas boas amas de casa. Ademais disto tamén lles dicían como se tiñan que comportar cos demais e en especial cos seus respectivos "noivos".
  • Punto de vista común : As materias restantes eran para todos as mesmas.

Tiñan un recreo de 30 minutos cada 3 clases (só tiñan 5 clases). Eran 5 días de escola á semana e íapola mañá 3 horas e pola tarde 2 e media.

A mestra era común para todos e, dependendo de cal lle tocara, pegaba ou non. Os castigos eran para todos iguais: estar de xeonllos cos brazos abertos e cos libros enriba deles...

Tiñan para todos un libro (que era da mestra) e chamábanlle "libro de manuscrito" . Para aprender a ler ós pequenos ensinábanlle primeiro as vogais e logo comezaban con libros máis complicados para ir empezando.

Había un só encerado e tiñan un xiz chamado " pizarrillo". Daquela época os nenos comezaban con 7 anos de idade! e remataban con 14 anos! Nada que ver cos tempos de agora...

FIN

NOS TEMPOS DOS NOSOS AVÓS

Daquela, nas clases falábase castelán. Se algún alumno falaba en galego certos profesores mandábanche copias e outros xa directamente pegábanche, porque pensaban que así aprendías. Outro costume daquela época era que nalgunhas escolas os profesores mandábanlle fregar as clases ás rapazas. (Menudo sexismo!) A escola deixábase, normalmente, porque as familias que non tiñan cartos precisaban que os nenos axudaran traballando na casa.

DIVIsiÓN Das EScOlas segundo Luchibox:

escolas segundo Luchibox:
  • ESCOLAS RURAIS:
  • Escolas unitarias: escolas de nenas e de nenos.
  • Escolas indianas: escolas de nenas e de nenos.
  • Escolas de ferrado
  • .
  • ESCOLAS URBANAS:
  • ESCOLAS PÚBLICAS:
  • escolas laicas
  • escolas relixiosas
  • escolas de nenos e escolas de nenas
  • ESCOLAS PRIVADAS:
  • escolas laicas
  • escolas relixiosas
  • escolas de nenos e escolas de nenas

21 de mayo de 2011

CANDO EMPEZABAN E OS HORARIOS

Na época dos nosos avós empezaban a escola cando tiñan aproximadamente 7 anos e remataban cando tiñan 14, xa vedes que non son como as de hoxe en día que empezamos con 3 anos , en infantil, e non rematamos ata os 15, en secundaria, e aínda despois... Os nosos avós ían á escola de luns a venres e os sábados ían rezar pola mañá. Empezaban as clases pola mañá as 9:30 e non remataban ata a 13:00, no medio inclúese un pequeno recreo de 15 minutos que ía de 11:45 ata as 12:00. Ás 13:00 ían comer á casa e volvían ás 15:00 e acababan as clases, por fin, ás 17:00.

18 de mayo de 2011

AS ESCOLAS PRIVADAS RELIXIOSAS

  1. As escolas privadas eran todas de pago. Pero había algunhas relixiosas , que eran gratuítas xa que , segundo os monxes ou as monxas que se fixeran cargo desas escolas, dicían que o que interesaba era a formación dos alumnos.
  • Nos tempos da república este tipo de escolas eran optativas (se querías e podías ir, ías e senón pois non) , pero coa dictadura de Franco déuselle moitísima máis importancia e en moitos casos era case obrigatorio ir. Quen non podía non pasaba nada porque á relixíon deusélle moita importancia en todas as demais escolas tanto foran privadas coma públicas.
  • As escolas relixiosas privadas eran masculinas e femininas. Eran organizadas por monxes (as masculinas) e por monxas (as femininas).

O idioma empregado nestas escolas era o castelán. Ímpartianse as materias básicas: Relixión, Literatura Castelá, Xeografía e Historia, Ed. física, Debuxo, Matemáticas e en moi poucas escolas tamén se impartía Física e Química (nos tempos máis modernos).

  • Os recreos eran de 15 minutos , e 10 dos cales tiñan que saír a rezar. Os rezos eran constantes: cando chegaban pola mañá rezaban 1 hora antes de entrar nas aulas. Nos recreos, 10 minutos, e antes e despois de comer bendicían a mesa e rezaban o pai noso ou a ave María.

14 de mayo de 2011

Normas escola privada(circulares)

Custo de escola privada:

QUEN? os profesores
Se os nenos se portaban mal ou non traían os traballos feitos, dependendo do tipo de profesor, pegábanlles ou castigábanos con castigos variados: poñíanos de xeonllos coas mans abertas e con dous dicionarios nas mans, encerrábanos nas aulas sen ir a comer a casa, etc.
Había un mestre para todos os alumnos.

11 de mayo de 2011

OS MATERIAIS DE ANTES.
Nos tempos de miña avoa, estes eran os materiais cos que estudaban: Para os máis pequenos había un pizarrillo e unha pizarra onde escribían. Cando xa eran un pouco máis grandes xa escribían cunha pluma que mollaban nun tinteiro, e escribían sobre libretas. Non hai que esquecer que estudaban por un só libro, chamado enciclopedia, o cal se dividía en 3 niveis, segundo o nivel do alumno. Traballaban en mesas inclinadas nas que se sentaban dous alumnos.

EsCOlAS PRIVAdAS

  1. EsColAs PRIvAdAs: As escolas privadas eran e son aquelas nas que pola educacion recibida había que pagar. Estas colexios a miúdo ofrecían actividades extraescolares ou horas de "estudo". Ofrecían a posibilidae de ter aos estudantes internos ou externos. (ese neno que agora con cincuenta anos xa non o é tanto, definía a súa escola coma un carcere, no que os profesores impoñían respecto "á súa maneira", e sufrian reprimendas por falar galego, e todas as semanas, nas visitas da súa nai, intentaba convencela de que o sacara da escola...) Podían ser:
  2. Relixiosas ou Laicas.
  3. relixiosas: nenos ou nenas
Carnet escolar.
  • laicas:nenos ou nenas.
Decotío acostumaban estar dotadas de mellores instalacións como por exemplo laboratorios, "salas de cine", etc. A lingua empregada era o castelán e os profesores, como na maioría das escolas, non tiñan un trato moi correcto cos alumnos, é dicir: que a letra con sangue entra.
Os internos, tiñan un rexime de visita, cuns días e unhas horas para que as súas familias pudesen visitalos. Tamén tiñan unhas horas para poder saír e, a miúdo, estaban alí ata rematar o bacharelato.

LINGUAS

Antigamente todas as clases eran impartidas en castelán. Non existían as de inglés, francés...como actualmente. E o que lle gustara aprender outras linguas tiña que ir a academias. Máis tarde, na época do franquismo, comezou a estudiarse o francés xa que naqueles tempos era considerada lingua internacional. O galego incorporouse a ensinanza no ano 1982 aproximadamente. E desde aquela tamén se foron incorporando outras linguas como son o inglés e o francés, principalmente.

9 de mayo de 2011

Grupos escolares

Escolas

As ESCOlas InDIanas

EscOLAS INdIAnAS:
No primeiro terzo do século XX, aqueles galegos que emigraban "Ás Indias" (América) decidiron xuntar as súas forzas e cartos en sociedades de instrución, para contruír as chamadas escolas de indianos.
Eran construídas co fin de que os nenos e nenas labregas puidesen escapar do analfabetismo, e que os fillos dos seus parentes e veciños puidesen prepararse para o futuro. Vían na educación o mellor investimento para o progreso.
A maioría destas escolas eran consideradas de influencia republicana xa que moitas delas incluían nos seus programas a laicización da educación e a renovación do sistema educativo mediante prácticas que estimulasen a aprendizaxe do alumnado.
  • O profesorado era elixido mediante oposición e requerían requisitos de índole política.
  • Os valores que promovían eran a formación académica, tanto de nenos coma de nenas.
  • A maioría destas escolas seguían un mesmo patrón: unha aula para os nenos cun mestre; unha aula para as nenas cunha mestra e unha casa para o mestre que a miúdo era o director. Todas contaban cun laboratorio e unha granxa agrícola para unha aprendizaxe máis práctica e directa.
  • Nalgunhas escolas incluían materias propias como xeografía e historia de América.
  • Tiñan actividades excursionistas.
  • Tiñan unha tendencia liberal e simbolizaban o intento de avance. América era relacionada coa mellora e o progreso.
  • Alguhas tiñan comedores gratuítos.
  • Eran construídas cun peculiar estilo arquitectónico que as caracterizaba e cun rico mobiliario.

7 de mayo de 2011

As MaTerias dEnDE o Ano 1906

  1. QUE? ( As materias dos nen@s dende o ano 1906 ) Non dende sempre os nenos e nenas tiveron a marabillosa e magnífica oportunidade de poder traballar con ordenadores ou poder estudar todos os cursos que querían, xa que moitos deles non tiñan diñeiro suficiente e outros moitos tiñan que traballar cos animais na casa ou fóra. Vamos expoñer como cambiaron as materias que tiñan antes estes nenos e as que temos nós agora no colexio :
  2. Anos ( 1906-1931 ): Nestes anos no colexio todos os nenos e nenas tiñan unhas materias comúns que eran as seguintes: Nocións básicas de escrituta e lectura, Matemáticas, Xeografía, Historia, Ciencias Naturais, Debuxo e Relixión. (que era unha materia obrigatoria) Estas eran as materias comúns para todos pero despois os nenos aprendían por unha parte exercicios militares sinxelos e nocións de agricultura e gandaría. Mentres que as rapazas apredían materias sore economía doméstica e manualidades.
  3. Anos: ( 1931-1936 ): Nestes anos as materias eran as seguintes: Ciencias Naturais e Sociais, Matemáticas, Debuxo, Música, Lingua e Literatura Castelá e Relixión ( coa diferenza de que esta última xa non era unha materia obrigatoria ).
  4. Anos: ( 1936-1978) : Durante o franquismo as materias escolares cambiaron: A Relixión era totalmente obrigatoria para todos os alumnos e profesores. Impartíanse clases de Xeografia e Historia como tamén de Matemáticas, Lingua e Literatura castelá, Debuxo e Pintura, Música, Ed. Física e Filosofía e Física e química ( estas últimas impartíanse en cursos máis avanzados).
  5. Anos: ( 1978-2011): Coa chegada da democracia e da constitución no ano 1978, introducíronse novas materias e novos e cambios. Coas novas tecnoloxías introduciuse a infromática como unha materia innovadora. A relixión converteuse nunha materia NON obrigatoria e a xente tiña total dereito e liberdade para escollela. Outras materias novas e antigas foron: Literatura Galega e Castelá, Matemáticas, Física e Química, Latín, Ética, Ed. Física, Debuxo Artístico, Múscia e introduciuse o Inglés como lingua extranxeira.
  6. Ano 2011 : As materias actuais, son case as mesmas cás que se estableceron cando se aprobou a constitución pero o único que cambia son : Francés como segunda lingua extranxeira, a aparición de Bioloxía ( xa que antes había ciencias naturais e fisica e quimica separadas e xuntas), a Tecnoloxía e moitas materias optativas que podes escoller. Como se pode observar, os tempos cambiaron moito e con eles as materias dos vellos tempos ata os novos. E dentro dalgúns anos cambiarán para ir obtendo cada vez novas materias que aprender e descubrir. Grazas.

6 de mayo de 2011

Maña tocan as materias! Pero por hoxe xa escibin moito..... :)

IDaDEs e Cursos DENde O Ano 1906

  1. QUE? ( Idades e cursos dende o ano 1906 ) Non dende sempre os nen@s comezaban a estudar a educación infantil dende os 3 anos de idade, senón que as cousas cambiaron MOITO co paso dos anos e das décadas. Vou comezar expoñendo os cursos e as idades que tiñan moitos destes nenos a partir do ano 1906. ( a información é bastante difícil de conseguir pero atopei moitos datos interesantes ) :
  2. - ( Anos: 1906-1931): Dende 1906 a educación era gradual dividida en 3 seccións: infantís, elementais e superiores. Era unha ensinanza mixta e comezábase en "infantil" con 7 anos e rematábase nun curso superior con 14 anos! Agora xa entramos na segunda república e as cousas cambiaron un pouquiño máis... :
  3. - ( Anos 1931-1936 ): A partir de 1931, pode que uns anos anteriores, xa comezou a existir a ensinanza primaria ( Que era obrigatoria e totalmente gratuíta para todos os nenos ). Avanzouse moito porque tamén había univesidades e o que máis importancia se lle deu nestas épocas foi ó bacharelato. Na ensinanza primaria destes tempos, os nenos comezaban con 5-6 anos e remataban con 14-15 ou incluso nalgunhas escolas con 16 anos! ( Un grande avance na época... ) A partir desas idades xa se podía cursar o bacharelato e despois ir á universidade. ( Que naqueles tempos a maioría da poboación non se podía permitir aínda que exístian bolsas para que todos puideran ter oportunidades)
  4. Anos ( 1936-1978 ): En 1936 chega Franco ó poder de España ( Coa súa ditadura ) e como non... todos os logros obtidos anteriormente... ó lixo! Había tamén a educación primaria na que se inculcaban ós pobres nenos valores patrióticos e cristiáns! No ano 1938 créase a Lei reguladora dos estudos do Bacharelato e con ela créase a ensinanza media da época. Neste novo plan de estudos distínguese 3 ciclos: ó primeiro corresponderíanlle os 3 primeiros anos dun estudo básico, e que podería permitir obter pequenas titulacións. O segundo ciclo estaría formado polos 5 primeiros cursos e xa sería unha formación máis ampla que permita obter títulos máis avanzados. E un terceiro ciclo compoñíase de 7 anos e constituiría o Bacharelato Universitario.
  5. Anos ( 1978-2011): En 1978 creáse a constitución e renóvanse todas as leis e todo o relacionado cá ensinanza ata a época porque, menos mal, entramos nun novo período... A DEMOCRACIA! En 1970 créase a Lei Xeral de Educación na que se xeneraliza a educación obrigatoria dende os 6 anos ata os 14 anos como mínimo. A partir destes anos comeza a existir a Formación Profesional máis adecuada ás demandas reais do mercado laboral. En 1990 créase a Lei de Organización do Sistema Educativo na que se recollen as idades dos nenos e nenas e os cursos: A educación infantil que comprenderá ata os 6 anos de idade.Ten dous ciclos: o primeiro ata os 3 anos e o segundo ata os 6. A educación primaria comprenderá 6 cursos académicos dende os 6 ata os 12 anos de idade. A educación secundaria comprenderá dende os 12 ata os 16 anos de idade. Logo estará o bacharelato a partir dos 16 anos de idade (comprende 2 cursos académicos). Ou tamén se pode facer a formación profesional se non se quere estudar. Despois do bacharelato irase á universidade.
  6. Ano 2011: O sistema educativo actual réxese pola Lei Órganica de 2006. Os niveis educativos son: A educación infantil: dende os 0 ata os 6 anos.
    • A educación primaria: dende os 6 ata os 16 anos ( que ten un carácter obrigatorio incluído)
    • O bacharelato.
    • A educación superior.
    • As ensinanzas de réxime especial, que son a de idiomas, as artísticas e as deportivas.
    E aquí rematan os cursos e as idades dos nenos dende os vellos tempos ata os novos tempos!

ESCOlaS UniTARIas:

  • ESCOLAS UNITARIAS: A ensinanza en zonas rurais era deficiente, pola pouca atención do Estado, ata os comezos do século XX. Había unha lei que dícia que por cada cincocentos habitantes tería que haber dúas escolas elementais:-unha de nenos. -unha de nenas. Os contidos destas escolas eran pobres e o material empregado mínimo, e a lingua autóctona non se empregaba para ensinar xa que era considerada un idioma inculto. Durante a ditadura, os contidos educativos e os mestres foron sometidos a un estreito control ideolóxico. Os mestres, normalmente estaban mal pagados e pouco preparados, as escolas eran escasas e os nenos seguían deixando as escolas para ir traballar xunto coas súas familias. -Durante a Segunda República creánronse as chamadas "misións pedagóxicas" coa finalidade de poder instruír a poboación que se atopaba dispersa polas numerosas zonas rurais. -No franquismo, o poder da Igrexa facíase evidente no sistema educativo e nos contidos

5 de mayo de 2011

Os protagonistas da historia...

Escolas de ferrado.

  • ESCOLAS DE FeRraDO: -Consistía na contratación, por parte dos pais dunha aldea, dun escolante (mestre non titulado e ambulante) para ensinar aos seus fillos, que doutra maneira non terían portunidade de aprender. -Este mestre ía ás casa dos nenos e nenas, tanto polo día como pola noite, no tempo libre que estes tiñan despois de realizar as tarefas da casa, coidar aos animais... -Polo tanto as escolas de ferrado eran temporais, xa que só funcionaban no inverno, cando o traballo do campo era menor. -O mestre recibía a cambio un ferrado de millo, trigo, centeo ou aloxamento e de aí o seu nome. -O escolante tiña moi pouca formación e a miúdo tiña outros oficios como por exemplo zapateiro, crego, labrego, etc. -Os contidos que este mestre aprendía aos seus alumnos, basicamente eran, aprender a ler, escribir e contar. -estas escolas foron desaparendo a medida que as escolas pú blicas foron chegando ao rural ao final do franquismo.
  • http://www.youtube.com/watch?v=X-oLRIIPAtU

EsCOlas RURAIS

entrevista primeira parte

CUESTINORIO SOBRE A ANTIGA ESCOLA:

1. Que materias se cursaban na súa ensinanaza?

Nas unitarias non se ensinaban idiomas, como por exemplo o inglés, había que ir a unha escola de idiomas. Era todo en castelán, e daban matemáticas, chamadas antes aritmética, sociais... máis ou menos igual que agora.

2. A que idade se comezaba a escola e canto tempo se exercia?

Entrábase aos seis anos e era obligatorio ata os catorce, e dependendo dos pais íase máis tempo ou menos.

3. En que cursos se dividía o curso académico?

Antes non se dividía en cursos académicos eramos todos os rapaces nunha única clase e tampouco había exames, se sabías multiplicar pasabas a dividir e senón estabas todo o tempo multiplicando.

4. Cal era o máximo de alumnos dunha clase?

Como eramos todos os rapaces de diferentes idades había sobre uns trinta alumnos. Pero como non se ía todos os días, había días con máis alumnos e días con menos alumnos.

5. As clases estaban divididas entre nenos e nenas?

Si, as rapazas ían a unha escola todas xuntas e os rapaces a outra diferente. Máis tarde fixéronse escolas divididas.

6. Cantos profesores tiña?

Un só. As rapazas tiñan unha mestra e os rapaces un mestre para todo.

4 de mayo de 2011